Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Casa da Navegación de Baiona ofrece unha viaxe virtual na carabela Pinta

A Casa da Navegación de Baiona ofrece unha viaxe virtual na carabela Pinta

A experiencia inmersiva permite facer virtualmente a travesía transantlántica e interaccionar cos irmáns Pinzón 
 

G24.gal 09/11/2022 11:46

Coñecer cada recanto da nave que trouxo ata o vello continente a noticia da existencia dun mundo que aquí aínda non coñeciamos. É o que permite esta viaxe virtual que xa se pode facer no museo Casa da Navegación de Baiona grazas ao proxecto Exploraterra.

"É un xeito moi inmersivo de coñecer a carabela. Ti entras nela con toda a tripulación, eles explican e danche ordes porque ti es un grumete, polo tanto andas por dentro da carabela pero estando aquí neste espazo físico", explica a concelleira de Cultura de Baiona, Miriam Costas.

Facilitar esta experiencia ás persoas con problemas de mobilidade ás que lles podería custar visitar a réplica da Pinta que refuxia desde hai case 30 anos o porto de Baiona é un dos propósitos. Pero é ademais o primeiro chanzo dun proxecto internacional para reivindicar o valor histórico das exploracións.

"É un proxecto de futuro, ambicioso, temos que aspirar a converternos en patrimonio inmaterial da Unesco", engade o alcalde, Carlos Gómez. 

Laura González, xefa Área de Proxectos Europeos de Turismo de Galicia, explicou que se persegue dar a coñecer a relación que ten Galicia coas exploracións, "non só co descubrimento de América, senón cos resto de apertura de vías de comercio con ultramar".

 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade