Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Catedral de Santiago abre a porta de Abades ante a grande afluencia de visitantes

A Catedral de Santiago abre a porta de Abades ante a grande afluencia de visitantes

A porta de Abades estará aberta entre o mediodía e as sete e media da tarde para facilitar o acceso dos peregrinos á Catedral

G24.gal 11/08/2024 21:05

"De Portugal". "De Viseu". "De Nápoles". "De Ferrol". "De Miami, Florida".


Son algúns dos peregrinos e turistas que facían ringleira para entrar na Catedral de Santiago. Ante a grande afluencia de visitantes, o templo decidiu abrir de xeito temporal a porta de Abades, situada na parte alta da Quintana. Os tempos de espera chegaban o domingo á tarde aos 30 minutos.

"Sobre media hora, pero lévase ben, gustounos moito a cidade".


Entre os que agardaban había quen facía a ringleira por segunda vez. Pola mañá, o tempo de espera para acceder pola porta das Praterías aínda era maior.

"Agora hai menos xente, pola mañá estivemos na outra porta. Chegamos ao mediodía e xa paramos e marchamos, había que esperar moito".


Desde esta porta, que se empregaba como saída, os visitantes teñen acceso directo á cripta e á estatua do Apóstolo.

"Vimos abrazar o Thiago".

"Un dos meus fillos ten necesidade de pedir un desexo e vimos abrazar o Apóstolo".


Durante as próximas semanas, a porta de Abades seguirá aberta entre o mediodía e as sete e media da tarde para facilitar o acceso dos peregrinos á Catedral.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade