Publicador de contidos
Publicador de contidos

Sete amigos fan o Camiño desde Suíza con tres chimpíns e unha casa feita por eles mesmos

Sete amigos fan o Camiño desde Suíza con tres chimpíns e unha casa feita por eles mesmos

A casa de madeira que transportan cos seus tractores ten cociña, despensa, oito cuartos e espazo de traballo

Dous dos chimpíns cos que transportan a casa
G24.gal 12/09/2024 16:00 Última actualización 12/09/2024 16:35

Un grupo de sete amigos emprenderon o Camiño de Santiago o 10 de agosto dun xeito moi particular, levando unha casa feita por eles mesmos.

Comezaron dende Lucerna, en Suíza. Son 2.200 quilómetros que percorreron en xornadas de 70 conducindo tres chimpíns, cos que tiran dunha casiña de madeira na que pasar as noites.

Son sete amigos apaixonados do tractor e de todo o feito coas súas propias mans: un mecánico, un electricista, un carpinteiro, un granxeiro, un informático, un ferreiro e un cociñeiro.

Todos eles viaxan levando unha casa que ten cociña e despensa, oito cuartos e espazo de traballo.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade