Cargando resultados...
A central térmica das Pontes volve funcionar por segunda vez neste mes
A central térmica das Pontes volve funcionar por segunda vez neste mes
Só se pon en marcha cando é necesaria para cubrir as necesidades de enerxía
G24.gal
25/11/2022 16:00
O funcionamento esporádico da central das Pontes será a tónica dominante nos vindeiros meses.
O pasado 2 de novembro comezou a traballar despois de 130 días apagada, pero só se mantivo activa tres días porque a baixada do prezo do gas e a dispoñibilidade doutro tipo de enerxías xa non xustificaban o seu funcionamento por máis tempo.
Agora volve estar en marcha. De momento só falamos do funcionamento dun grupo. Para que arranque o segundo aínda haberá que agardar a que se fagan tarefas de reparación máis complexas, que poderían prolongarse, segundo as primeiras estimacións, ata comezos do vindeiro ano.