Publicador de contidos
Publicador de contidos

A chamada dunha muller evita unha violación grupal en Málaga

A chamada dunha muller evita unha violación grupal en Málaga

A Policía detivo os tres agresores en flagrante

10/05/2022 20:53 Última actualización 10/05/2022 21:07

Tres homes foron detidos en Málaga e están a espera de ser enviados a prisión. Pilláronos en flagrante nesta praia da Malagueta. De feito, a investigación apunta a que os axentes conseguiron evitar unha violación múltiple. Todo ocorreu na madrugada do domingo ao luns.

Unha testemuña alertou a policia de que unha muller en estado ebrio podería estar sendo violada. Os axentes sorprenderon os tres homes arredor da vítima, mentres estaba sendo agredida por un deles. Os tres individuos, de entre 19 e 31 anos, foron detidos pola súa presunta implicación nos delitos de agresión sexual, roubo con violencia e intimidación.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade