A choiva volve ser a protagonista tras semanas de tempo seco
A choiva volve ser a protagonista tras semanas de tempo seco
Serán frontes pouco activas grazas ao anticiclón desprazado cara ao sur, que minimiza os seus efectos
Hai dous avisos amarelos por vento forte do suroeste
Despois de máis dun mes sen cargar con eles, tivemos que volver sacar os paraugas á rúa. Hoxe había unha mestura entre fastío e resignación. A choiva non lle afecta a todo o mundo por igual.
Esta semana entrarán varias frontes que serán en xeral pouco activas grazas ao anticiclón que desprazado cara ao sur minimiza os efectos polo que non veremos un tren de borrascas. O que si se vai notar é unha suba importante das temperaturas.
A primavera chegará en 15 días. Mentres tanto, toca seguir con choiva e, sobre todo, con vento. De feito para a noite do martes ao mércores están activados dous avisos amarelos por ventos fortes no mar en terra sobre todo na costa da Coruña, na zona cantábrica e na montaña de Lugo.