Publicador de contidos
Publicador de contidos

A chuvia non frea o atractivo turístico da Ribeira Sacra

A chuvia non frea o atractivo turístico da Ribeira Sacra

A ocupación durante esta ponte, festiva só en Galicia, supera o 65 % de media

G24.gal 18/05/2024 20:43 Última actualización 18/05/2024 21:07

A pesar do tempo, os aloxamentos da Ribeira Sacra apenas rexistraron cancelacións e algúns mesmo penduraron o cartel de completo durante a fin de semana. É o caso do Hotel Rural A Forxa, en Nogueira de Ramuín, ou das cabanas Mirador de Cachamuíña, no Pereiro de Aguiar.

Xunto aos turistas de distintos puntos de Galicia que aproveitaron a ponte do Día das Letras Galegas, chegan visitantes doutras comunidades para gozar da riqueza patrimonial e paisaxística desta zona acabalo entre as provincias de Ourense e Lugo.

O embarcadoiro de Santo Estevo era este sábado un ir e vir de xente que, a pesar da chuvia, non quería perder a viaxe en catamarán polos canóns do Sil. A ocupación media durante toda a ponte superou o 65 %, subindo ata o 75 % nos aloxamentos de 3 e 4 estrelas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade