A chuvia non frea as visitas á praia das Catedrais e ao Fociño do Porco
A chuvia non frea as visitas á praia das Catedrais e ao Fociño do Porco
Para percorrer estas paraxes cómpre reservar previamente, un trámite que se fai de balde
A medida establécese durante o verán para evitar masificacións e protexer os lugares
Na Mariña o encanto natural da paisaxe imponse sobre a chuvia miúda.
Na praia das Catedrais, en Ribadeo, os arcos labrados na rocha pola forza do mar e a erosión durante anos continúan a ser o principal reclamo.
Para visitar o areal hai que reservar previamente na páxina web, un trámite de balde que se pon en marcha no verán para evitar a masificación e preservar o monumento natural.
Tamén no Fociño do Porco, no concello do Vicedo, cómpre rexistrarse para gozar desta senda que acaba de ser reparada.
Un medio, o da Mariña de Lugo, no que a néboa e a chuvia contribúen a enxalzar os atractivos do lugar.