Publicador de contidos
Publicador de contidos

A ciencia busca tratamentos novos contra a obesidade para substituír a cirurxía

A ciencia busca tratamentos novos contra a obesidade para substituír a cirurxía

Ten unha parte xenética, pero tamén inflúen factores sociais, ambientais ou de estrés

Unhas 200 patoloxías e varios tipos de cancro están asociados a esta doenza

 

G24.gal 09/03/2024 12:53 Última actualización 09/03/2024 13:33

Vivimos nunha pandemia de obesidade, unha doenza grave que, nas últimas tres décadas, se duplicou na poboación adulta e se multiplicou por catro na infancia. E, como calquera outra enfermidade, require tratamento.

"Ata hai pouco culpábase o paciente obeso, por falta de forza de vontade ou desleixo. A evidencia científica está demostrando que o control do peso non sempre é voluntario", asegura María Luísa Seoane, directora do grupo de Fisiopatoloxía Endocrina do Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago.

Varios grupos de investigación traballan no Instituto de Investigación Sanitaria de Santiago para esclarecer as causas desta enfermidade, identificar os diferentes tipos de obesidade e atopar tratamentos.

"Temos unha liña de investigación que trata de atopar porqué a lactación materna prolongada protexe fronte a obesidade e patoloxías asociadas, para atopar marcadores temperás para determinar se os nenos están en risco de padecer obesidade e como poñerlle remedio. E tamén buscar dianas novas para tratamentos farmacolóxicos".

Buscan medicamentos que substitúan a cirurxía, ata agora o único tratamento eficaz contra a obesidade que financia a sanidade pública.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade