Publicador de contidos
Publicador de contidos

Educación asina un acordo con CC. OO., ANPE e UXT para reducir as 'ratios' das aulas

Educación asina un acordo con CC. OO., ANPE e UXT para reducir as 'ratios' das aulas

Entre outras cousas, recolle unha reducción das ratios escolares que se empezará a aplicar xa o ano que vén en infantil

A CIG anuncia unha folga xeral na educación galega o 24 de outubro contra o acordo de ratios

G24.gal 10/10/2023 11:52 Última actualización 10/10/2023 16:24

Acordo entre a Consellería de Educación e os sindicatos CCOO, ANPE e UXT para mellorar o sistema educativo galego e as condicións laborais do profesorado. Entre outras cousas recolle unha reducción das ratios escolares que se empezará a aplicar xa o ano que vén en infantil.

A CIG foi o único sindicato que se desmarcou do acordo. Convoca folga xeral para o próximo 24 de outubro.

Tras intensas negociacións a Xunta e a maioría de sindicatos de Educación lograron pechar un acordo para mellorar as condicións nas aulas galegas. Entre outras cousas acordaron ir reducindo paseniñamente o número de alumnos por aula, e pasar dos 25 actuais, a 20. A medida comezará a aplicarse xa o ano que vén en 4º de infantil. A partir de ai irá implantándose progresivamente nos seguintes cursos ata chegar ao curso 2032/33 a 6º de primaria. 

En ESO e Bacharelato o compromiso é empezar a negociar unha vez que o calendario estea implantado en infantil.

Con respecto ó horario lectivo: haberá unha redución de 25 a 23 horas semanais de clase en Infantil e Primaria. 

O documento acordado inclúe tamén incrementos retributivos nos complementos por formación permanente, dun 15 %, e incremento tamén de 60 euros ó mes por exercer labores directivos. Estarán aplicados por completo en xaneiro de 2026, ese é o compromiso.

O acordo está pendente aínda de ser asinado. Estampará a súa rúbrica CC. OO., ANPE e UXT. A CIG desmárcase. Cre que o acordo é insuficiente e unha chantaxe da Xunta. Convocou folga xeral para o próximo martes 24 de outubro. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade