Publicador de contidos
Publicador de contidos

A cineasta lucense Margarita Ledo proxecta o seu filme 'Nación' en Bruxelas

A cineasta lucense Margarita Ledo proxecta o seu filme 'Nación' en Bruxelas

A película fala das protestas laborais das traballadoras da fábrica A Pontesa

O Instituto Cervantes reabre a súa actividade presencial tras a pandemia con esta proxección

A película de Margarita Ledo conquista Bruxelas
G24.gal 28/03/2022 21:27

E en Bruxelas esta noite a cultura galega foi protagonista. No Instituto Cervantes desa cidade proxectouse a película 'Nación', da galega Margarita Ledo. Unha historia sobre as loitas laborais das mulleres na fábrica de louza A Pontesa, e da que a Televisión de Galicia é coprodutora. 

Logo de dous anos pechado pola pandemia, o Instituto Cervantes abre as súas actividades presenciais con esta película galega sobre as protestas laborais das traballadoras da fábrica de louza A Pontesa, pechada no 2001.

Esta proxección está dentro da primeira visita ao estranxeiro do novo programa 'Acción exterior' do Consello da Cultura Galega. Escollen Bruxelas porque, como nos di a cineasta Margarita Ledo: "Esta cidade non é só a capital europea, é algo máis".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade