Publicador de contidos
Publicador de contidos

A CNMC impón a Booking a maior multa da súa historia: máis de 413 millóns

A CNMC impón a Booking a maior multa da súa historia: máis de 413 millóns

Ao situar mellor os hoteis con máis reservas en Booking.com, impediu a outras axencias en liña entrar no mercado ou expandirse

Unha imaxe de Booking (Arquivo) Unha imaxe de Booking (Arquivo)
G24.gal 30/07/2024 12:33

A Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia (CNMC) confirmou este martes a multa de 413,2 millóns de euros a Booking, a maior imposta polo organismo na súa historia, por abusar da súa posición de dominio e infrinxir os artigos 2 da Lei de Defensa da Competencia (LDC) e 102 do Tratado de Funcionamento da Unión Europea (TFUE).

En concreto, imponlle esta multa ao situar mellor os hoteis con máis reservas en Booking.com, que impediu a outras axencias en liña entrar no mercado ou expandirse.

Así, a multa divídese en dúas infraccións de 206,6 millóns de euros cada unha. En primeiro lugar, pola imposición dunha serie de condicións comerciais non equitativas aos hoteis situados en España.

Doutra banda, a outra multa corresponde á restrición da competencia doutras axencias de viaxes en liña á hora de ofrecer servizos de intermediación de reservas aos hoteis situados en España, respectivamente.

Ademais, Competencia imponlle varias obrigas de comportamento para garantir que nin as condutas que deron lugar ás infraccións nin outras que poidan producir un efecto equivalente prosigan no futuro.

Contra esta resolución poderá interpoñerse directamente recurso contencioso administrativo ante a Audiencia Nacional no prazo de dous meses a partir do día seguinte ao da súa notificación.

En 2021, a Asociación Española de Directores de Hotel e a Asociación Empresarial Hostaleira de Madrid denunciaron a compañía por abusar da súa posición de dominio. En consecuencia, un ano tarde, a CNMC iniciou un expediente sancionador en outubro de 2022.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade