Publicador de contidos
Publicador de contidos

A CNMC multa a Apple e Amazon con máis de 194 millóns por limitaren a competencia

A CNMC multa a Apple e Amazon con máis de 194 millóns por limitaren a competencia

Sanciona a ambas as compañías por pactaren e executaren determinadas restricións da competencia no mercado en liña de produtos de Apple en Amazon

G24.gal 18/07/2023 14:54

A Comisión Nacional dos Mercados e a Competencia (CNMC) multou cun total de 194,15 millóns de euros a distintas sociedades dos grupos Amazon e Apple por pactaren e executaren determinadas restricións da competencia no mercado en liña ou market place de Amazon, que afectan a terceiros revendedores de produtos Apple e a produtos competidores da firma da mazá.

Segundo informou o organismo, ambas as empresas acordaron incluír unha serie de cláusulas nos contratos que regulan as condicións de Amazon como distribuidor de Apple que afectaron á venda de produtos Apple e doutras marcas na web de Amazon en España.  

Doutra banda, restrinxiron "inxustificadamente" o número de revendedores de produtos Apple na web de Amazon en España, e, por outro, limitaron os espazos publicitarios onde poden anunciarse produtos competidores de Apple na web de Amazon en España, detalla a CNMC.  

Por último, limitaron a posibilidade de que Amazon dirixa campañas de márketing a clientes de produtos de Apple na súa web en España para ofrecerlles produtos competidores doutras marcas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade