Publicador de contidos
Publicador de contidos

A coalición Por Andalucía escenifica a unidade e descúlpase polas discrepancias internas

A coalición Por Andalucía escenifica a unidade e descúlpase polas discrepancias internas

A agrupación de esquerdas quere dar por pechada a polémica para centrarse na campaña electoral

G24.gal 11/05/2022 14:33

A coalición Por Andalucía presentouse oficialmente coa presenza das seis formacións políticas que a apoian, incluída Podemos, que quedou fóra por presentarse fóra de prazo. Tanto o representante do partido morado como a candidata da coalición, de Izquierda Unida, queren dar por pechada a polémica para centrarse na campaña electoral.

"Pedimos desculpas á cidadanía pola preocupación e desazón que viviron nos últimos días, cando non sabían se podíamos levar a bo porto a coalición e presentala como facemos hoxe", dixo Inamculada Nieto (IU).

O representante de Podemos asegurou: "É un día ilusionante, cheo de esperanza por unha coalición progresista, verde e feminista. A partir de agora imos traballar sen descanso todas por Andalucía".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade