Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Comisión Europea propón poñer un tope ao prezo da electricidade no mercado grosista

A Comisión Europea propón poñer un tope ao prezo da electricidade no mercado grosista

A Comisión presentou unha proposta lexislativa para obrigar a que os estados membros teñan os seus almacéns de gas cheos polo menos ao 80 % de cara ao próximo inverno

Europa permitirá que os estados membros concedan axudas estatais para apoiar a economía

Tendido eléctrico
G24.gal 23/03/2022 10:53

Cinco son as propostas que a Comisión Europea presentou este mércores para intentar reducir os prezos da enerxía na Unión Europea a curto prazo e de xeito temporal, mentres ultima unha revisión do mercado eléctrico a longo prazo e que espera que estea lista para abril.

O Executivo comunitario propón pór un tope ao prezo do gas no mercado grosista, compensar custos de produción de empresas que xeren electricidade con combustibles fósiles, redirixir os "beneficios caídos do ceo" aos consumidores, crear un agregador que garanta un prezo baixo a consumidores vulnerables e fixar un prezo máximo para as empresas operando no mercado grosista.

A Comisión presentou tamén unha proposta lexislativa para obrigar a que os estados membros teñan os seus almacéns de gas cheos polo menos ao 80 % de cara ao próximo inverno e un mecanismo para poder retirar o control dos depósitos a compañías de terceiros países, como a rusa Gazprom, se detectan comportamentos que ameacen a seguridade de subministración.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade