A Comisión Kitchen conclúe que Rajoy e Cospedal estaban detrás da espionaxe
A Comisión Kitchen conclúe que Rajoy e Cospedal estaban detrás da espionaxe
Ditamina que a cúpula do PP ordenou esta presunta trama parapolicial de espionaxe a Luis Bárcenas
A proposta de conclusións avalada foi a do PSOE, que aceptou incorporar algúns cambios
A comisión parlamentaria de investigación sobre a operación Kitchen concluíu que a cúpula do PP ordenou esta presunta trama parapolicial de espionaxe ao seu extesoreiro Luis Bárcenas, co coñecemento da exsecretaria xeral María Dolores de Cospedal, "que informaba" o expresidente Mariano Rajoy.
Acordo por maioría na Comisión
Así o acordou por maioría a comisión, creada para discernir as responsabilidades políticas en torno a esta operación presuntamente argallada polo Ministerio o Interior.
O ditame aprobouse con 159 votos a favor -PSOE, Unidas Podemos e Bildu, fronte a 149 en contra -PP e VOX e Ciudadanos- e 29 abstencións de ERC, PNV e Grupo Mixto.
Proposta de conclusións do PSOE
Finalmente a proposta de conclusións avalada foi a do PSOE, que aceptou incorporar algúns cambios na redacción e dúas cuestións do documento de Podemos, ERC, Junts, EH Bildu e CUP, que reclamaba unha revisión na concesión de medallas policiais e no control dos fondos reservados.
Tras o aval da comisión, o ditame será levado ao pleno do Congreso, en 2022.