A Comunidade de Traballo Galicia-Norte de Portugal, medalla do Parlamento
A Comunidade de Traballo Galicia-Norte de Portugal, medalla do Parlamento
O presidente da Cámara galega di que é un recoñecemento aos éxitos acadados grazas á colaboración entre os dous países
A Comunidade de Traballo Galicia-Norte de Portugal recibe hoxe a medalla do Parlamento galego. Un recoñecemento co que a institución quere poñer en valor a colaboración transfronteiriza que se vén desenvolvendo nos últimos 30 anos.
O presidente da Cámara, Miguel Santalices, apuntaba nunha entrevista no 'Galicia por diante' que "estamos falando dunha poboación próxima ós 6,5 millóns de habitantes cuns lazos culturais, comerciais, identitarios moi parecidos. É unha oportunidade de recoñecer unha iniciativa pioneira".
Santalices sinalaba que esa colaboración ten retos pendentes, como a conexión ferroviaria de alta velocidade: "Por iso tamén quixemos darlle un empurrón grande con esta medalla. Estou falando da conexión ferroviaria Vigo Porto, que sería para nós fundamental. Esta tamén é unha forma de animalos, axudalos a que se recoñeza que para nós é imprescindible".