A concesionaria pecha a piscina olímpica de Pontevedra porque di que non pode asumir os custos enerxéticos

Máis de medio milleiro de deportistas quedan en Pontevedra sen poder usar o recinto onde realizaban os seus adestramentos. Na mesma situación quedan os varios centos de persoas que tamén facían uso das instalacións.
A empresa xestora clausurou as zonas de augas do complexo incapaz, di, de asumir os custos debido á suba dos recibos da electricidade ata un trescentos por cento. A empresa concesionaria reintegrará aos usuarios a parte proporcional dos cursos que se estaban impartindo e comprométese a retomar o servizo en canto sexa posible.
Están buscando solucións. Tamén buscan respostas os centos de consumidores que día tras día fan ringleiras interminables ante as eléctricas.
"Polo menos unha explicación"." Están arruinando a xente", din algunhas das persoas que agardan á porta dunha comercializadora.
Recibos que consideran desorbitados e preocupación polos atrasos na chegada das facturas.