Publicador de contidos
Publicador de contidos

A conserveira Jealsa súmase á Alianza Galega polo Clima

A conserveira Jealsa súmase á Alianza Galega polo Clima

Xa son case 50 as empresas e institucións as que se sumaron a esta iniciativa de loita contra o cambio climático

G24.gal 13/03/2023 16:10

O grupo empresarial Jealsa adhírese á Alianza Galega polo Clima que se puxo en marcha o ano pasado para unir os principais axentes económicos e sociais e sumar esforzos na loita contra o quecemento global e o cambio climático, e para que desta forma coordinada todas as iniciativas privadas teñan un impacto real.

Con motivo desta nova incorporación, Jealsa recibiu hoxe a vista da conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda para a sinatura do compromiso da conserveira. Con ela son xa 50 as empresas e institucións que se suman a esta iniciativa de loita contra o cambio climático. 

"Adhesións entre as que temos que salientar as universidades, as autoridades portuarias, pero tamén as mellores empresas de Galicia", dixo Ángeles Vázquez.

Jealsa é unha das maiores conserveiras de Galicia. Ten case 4.000 traballadores, 7 fábricas e unha facturación, o ano pasado, rozando os 800 millóns de euros. Desde a empresa manteñen que este crecemento económico sempre estivo acompañado por unha forte aposta pola sostibilidade. 

"Esta convicción e este esforzo abandeirado polo noso programa RSC We Sea permitiunos acadar grandes fitos como o aproveitamento ao 100 % da materia prima que entra nas nosas instalacións ou termos convertido xa nunha compañía neutra en carbono a nivel de produción, grazas á enerxía que xeramos nos parques eólicos", explicou Carlota Alonso, directora adxunta de márketing de Jealsa.

O obxectivo da Alianza Galega polo Clima é que todas estas empresas sumen as súas estratexias de loita para así, xuntas, acadar un impacto real no planeta que permita como país, cumprir cos retos marcados na Axenda 2030.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade