Publicador de contidos
Publicador de contidos

A construción dunha variante pretende desviar os camións do Barco de Valdeorras

A construción dunha variante pretende desviar os camións do Barco de Valdeorras

G24.gal 11/06/2024 18:15

O túnel do Serro, de 490 metros, é un dos treitos máis complicados da variante da lousa, que, nun percorrido de 5,6 km, inclúe tamén varios viadutos. 

Segundo Álvaro Rodríguez, xefe de Estradas de Ourense, faltaría "avanzar rapidamente" cos viadutos, que "son os camiños críticos da obra".

Por outra banda, o túnel encóntrase "a punto de rematar a súa escavación", engadiu.

A obra proxectouse para liberar a vila do Barco do tráfico pesado que xeran as canteiras. Esta tivo  o seu inicio en 2019 e leva dous anos de atraso sobre os prazos previstos inicialmente. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade