A construción empeza a parar obras ao non contar con material
A construción empeza a parar obras ao non contar con material
O formigón e a ferralla xa escasean e impiden que se fagan xa moitos dos traballos
O paro a do transporte foi a gota que rebordou o vaso no sector da construción. Falta formigón e aceiro e a escasez de materiais paraliza moitas obras.
Materiais tan básicos como eses non dan chegado ás obras desde o luns. Iso fixo que as construtoras teñan que parar obras.
Noutras, que ían máis avanzadas, vese aínda algo de actividade, pero pararán en canto esgoten o acopio de materias primas.
O paro dos transportistas agrava un problema que xa viña de antes. O prezo da enerxía disparou as cotizacións de materias primas básicas como o aceiro ou o ladrillo nos últimos meses.
O sector di que traballar así non é viable, e que, se as cousas seguen igual, o luns que vén terán q parar a totalidade das obras en Galicia.