Publicador de contidos

Publicador de contidos

A continua suba da cesta da compra pon contra as cordas ao consumidor

A continua suba da cesta da compra pon contra as cordas ao consumidor

O útlimo que subiu foron produtos básicos coma o pan, o leite, o aceite ou os ovos

Entre 5 e 10 céntimos máis pagamos por estes produtos

As verduras e as froitas foron as primeiras que experimentaron a suba de prezos
G24.gal 08/11/2021 14:17

A escalada de prezos na cesta da compra comezou cos produtos frescos. A suba agora xa se estende a toda a cadea alimentaria. Os ovos e o pan foron os últimos en sumarse á lista, xunto co leite e o aceite e os seus derivados.
 
Entre cinco e dez céntimos máis pagamos por estes produtos. Ao tratarse de produtos esenciais, o consumidor non ve forma de reaxustar o gasto.

Todos saben que detrás desta suba está o encarecemento da luz, das materias primas e que cada vez custa máis producir todo iso.

Os produtos do campo encarecen para o consumidor, pero non para o produtor, disparáronselle os gastos pero seguen cobrando o mesmo polo que producen.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade