Publicador de contidos
Publicador de contidos

A convocatoria de eleccións deixa sen tramitar sesenta leis

A convocatoria de eleccións deixa sen tramitar sesenta leis

Quedan pendentes a lei de paridade, a de familias, a de saúde mental, as leis que impulsaban un cambio organizativo na xustiza ou a modificación do artigo 49 da Constitución

G24.gal 30/05/2023 12:54

A convocatoria das eleccións xerais paraliza a actividade no Congreso e no Senado e, polo tanto, deixa no aire a tramitación de ata 62 leis; entre elas a lei de paridade e a de familias.

A Lei de paridade ía obrigar a presenza polo menos do 40 por cento de mulleres en órganos constitucionais do Estado, ou nos consellos de administración das grandes empresas. A súa aprobación no Consello de Ministros anunciábaa a semana pasada a vicepresidenta primeira, Nadia Calviño.

E aí queda: na mesa do Consello de Ministros. Porque é unha das leis que a convocatoria de eleccións frea a súa tramitación. Como a lei de familias, unha das grandes propostas do ministerio de Ione Belarra.

No camiño do Consello de Ministros ao Congreso quedan tamén a de saúde mental, as leis que impulsaban un cambio organizativo na xustiza ou a modificación do artigo 49 da Constitución para substituír o termo "diminuídos" por "persoas con discapacidade".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade