Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Corte de Londres verá hoxe o recurso do rei Xoán Carlos pola demanda de Corinna

A Corte de Londres verá hoxe o recurso do rei Xoán Carlos pola demanda de Corinna

A defensa do exxefe de Estado sostén que, aínda que abdicou en 2014, segue formando parte da Casa Real e, polo tanto, debería seguir gozando de inmunidade

A xustiza británica debate se Xoán Carlos I ten inmunidade en Inglaterra A xustiza británica debate se Xoán Carlos I ten inmunidade en Inglaterra
G24.gal 08/11/2022 07:45

A Corte de Apelacións de Londres verá hoxe o recurso do rei Xoán Carlos pola demanda civil por acoso presentada pola súa examante Corinna Larsen. A xustiza examinará se o exxefe do Estado ten inmunidade en Inglaterra, condición que lle denegara en marzo o xuíz do Tribunal Superior de Xustiza.

A defensa do rei Xoán Carlos sostén que, aínda que abdicou en 2014, segue formando parte da Casa Real e, polo tanto, debería seguir gozando de inmunidade. Iso permitiríalle frear as accións civís emprendidas por Corinna ante a xustiza británica.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade