Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Coruña e Vigo, entre as cidades españolas que rexistran máis atascos de tráfico

A Coruña e Vigo, entre as cidades españolas que rexistran máis atascos de tráfico

Segundo un estudo a nivel mundial, coruñeses e vigueses perden un día ao ano nas retencións

G24.gal 24/02/2023 14:35 Última actualización 24/02/2023 14:57

Circulamos pola principal vía de comunicación que une A Coruña con Oleiros, Bergondo ou Betanzos. Un traxecto en obras que é desde hai máis de dous anos un auténtico calvario para os 50.000 condutores que fan a travesía a diario.

Só a área metropolitana de Barcelona supera a da Coruña nas complicacións da mobilidade. Pero os datos tamén apuntan á circulación polo centro urbano. Os coruñeses pasan 27 horas ao ano en atascos.

O estudo que cada ano elabora un fabricante de sistemas de navegación tamén sitúa a cidade de Vigo entre as vinte de toda España con máis complicacións de tráfico. Tanto que coruñeses e vigueses deixan cada ano un día da súa vida nos atascos. Por iso hai quen busca alternativas de mobilidade.

O estudo tamén apunta o teletraballo como unha das medidas máis efectivas para reducir a entrada de vehículos no centro das cidades.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade