Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Coruña, a catro días de comezar unha folga indefinida da recollida do lixo

A Coruña, a catro días de comezar unha folga indefinida da recollida do lixo

O sindicato da limpeza ameaza con non cumprir os servizos mínimos fixados polo Goberno local porque di que son abusivos

O lixo xa comeza a amorearse na rúa

G24.gal 20/12/2023 14:41

A folga da recollida do lixo comezará en Noiteboa, pero xa dende que se convocou non deixan de sucederse incidentes. 28 camións apareceron hai uns días coas rodas picadas, e este é o aspecto que xa amosan moitos colectores da cidade. 

O que poida pasar de aquí ao sábado é unha incógnita. O sindicato da limpeza ameaza con non cumprir os servizos mínimos fixados polo Goberno local porque di que son abusivos. 

A alcaldesa responde que o concello estará atento para garantir o cumprimento dos servizos mínimos e a salubridade na cidade.

Tamén o comercio e a hostalería están en alerta, porque se a situación se complica, podería afectar á campaña de maior consumo do ano.

O que demandan é máis material e tamén persoal laboral. As negociacións aínda seguen abertas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar