Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Coruña aproba a ordenanza de animais que obriga a limpar os ouriños con auga

A Coruña aproba a ordenanza de animais que obriga a limpar os ouriños con auga

As sancións por non recoller os excrementos das mascotas pasan a ser de entre 100 e 300 euros

G24.gal 07/09/2023 16:27

O pleno do Concello da Coruña aprobou este xoves a modificación puntual da ordenanza para a protección e tenza de animais que obriga os donos de cans a limpar os ouriños con auga na vía pública.

Segundo informou o Concello, apróbase de forma definitiva un texto que incorpora cambios legais como a supresión do sacrificio animal e introduce requisitos hixiénicos como a limpeza de ouriños con auga.

A ordenanza, que non se actualizaba desde 1997, recolle un incremento das sancións por non recoller os excrementos das mascotas, con multas por infraccións leves que agora serán de entre 100 e 500 euros, cando antes eran de entre 30 e 300 euros.

O Concello tamén permite que os cans vaian á cala de Bens durante todo o ano.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade