Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Coruña estrea a conexión aérea con Xenebra e o martes abre outra con Milán

A Coruña estrea a conexión aérea con Xenebra e o martes abre outra con Milán

easyJet inaugurou este domingo o enlace con Alvedro, que operará ata marzo de 2026 con dous voos semanais, os xoves e os domingos

Avión de easyjet Avión de easyjet
G24.gal 26/03/2023 16:31

Dúas horas e quince minutos separan desde este domingo á Coruña e Xenebra coa conexión que operará a aerolínea easyJet durante todo o ano ata marzo de 2026 con dúas frecuencias semanais, os domingos e os xoves.

O primeiro voo da ruta chegou este mediodía a Alvedro para pouco despois efectuar a primeira saída con destino a Xenebra.

O aeroporto da Coruña abre o martes outra conexión con Milán. A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, viaxou desde a cidade suíza e asegurou que esta liña atende ao "vínculo histórico" entre Galicia e o país helvético, con 41.000 galegos residentes.

O martes empezará a conexión entre A Coruña e Milán coa mesma compañía aérea, neste caso co aeroporto de Malpensa, que non ten máis conexións con Galicia.

Con billetes á venda desde o pasado mes de xaneiro, tamén terá dúas frecuencias semanais, os martes e os sábados.

O Concello da Coruña e a compañía aérea teñen un contrato para impulsar as conexións con Xenebra, Milán e Ámsterdam, por 1,2 millóns de euros. Nun comunicado, o Concello explica que ao longo do segundo semestre sairá a conexión con Ámsterdam, pendente de axustar horarios co aeroporto da cidade neerlandesa.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade