Pechan ao baño praias da Coruña e de Ferrol por medusas e carabelas portuguesas
Pechan ao baño praias da Coruña e de Ferrol por medusas e carabelas portuguesas
As medudas obrigan a prohibir o baño nas prais coruñesas de Orzán e San Amaro
Ferrol prohibe o baño en todas as praias de mar aberto pola chegada incesante de carabelas portuguesas
O Concello da Coruña prohibiu o baño este mércores nas praias de Orzán e San Amaro por presenza de medusas.
Despois de que a alcaldesa, Inés Rey, anunciara que se reabrían as praias tras pechalas onte martes por concentración de carabelas portuguesas, o Consistorio informou de que agora as praias de Orzán e San Amaro teñen bandeira vermella por medusas, outra especie diferente ás carabelas, mentres que Riazor e As Lapas contan con bandeira amarela.
Esta vez, a prohibición do baño débese a que se detectaron medusas nas augas. Onte o baño nas praias de Riazor, Orzán e Matadoiro, na Coruña, estivo prohibido pola presenza de carabelas portuguesas na auga.
Pola súa parte, o Concello de Ferrol comunicou que todas as praias de mar aberto do municipio terán nesta xornada bandeira vermella ante a chegada de carabelas portuguesas aos areais da zona desde primeira hora da mañá.
O consistorio aclarou que as praias da Graña e Caranza, situadas no interior da ría ferrolá, son as únicas que non rexistraron estas incidencias.
Mentres o areal de Santa Comba, na parroquia costeira de Covas, é o máis afectado, xa que alí viuse "a maior parte" deste tipo de falsas medusas, con máis dunha trintena de exemplares, pero tamén "apareceron, en menor número, nas demais praias" ao longo da costa.