Cargando resultados...
A Coruña presenta nova imaxe turística, presumindo da súa "cultura de vivir"
A Coruña presenta nova imaxe turística, presumindo da súa "cultura de vivir"
A cidade herculina lanza en Fitur a campaña co reclamo do xeito de ser coruñés, o seu patrimonio e a súa actividade cultural
G24.gal
24/01/2024 09:52
A cidade da Coruña presenta este mércores en Fitur a súa nova imaxe turística para 2024 e xa houbo un avance no centro cultural madrileño La Casa Encencida.
Participou a alcaldesa xunto a outros "embaixadores" da cidade herculina como Xoel López, Yolanda Castaño ou David Amor.
Inés Rey falou do patrimonio da Coruña, da súa actividade cultural e sobre todo do carácter coruñés como principal reclamo turístico para os visitantes. De feito, o lema da campaña é "A Coruña, cultura de vivir".