Cargando resultados...
A Coruña rexistra datos históricos de criminalidade
A Coruña rexistra datos históricos de criminalidade
A taxa de delitos supera nun 50 % a media das cidades galegas
G24.gal
06/06/2022 14:39
Aumenta a inseguridade na Coruña: 1.361 delitos por cada cen mil habitantes. Son cifras históricas desde que se empezaron a facer rexistros de criminalidade.
Aumento do tráfico de drogas, ocupación de vivendas, furtos en locais comerciais. Hai preocupación nos barrios pola crecente inseguridade.
Nunca antes A Coruña acadara estes datos. E ademais a taxa de delitos supera nun 50 % a media galega. As asociacións de veciños da cidade están preocupadas e van solicitar un reforzo da vixilancia policial. Preocúpalles especialmente a proximidade da noite de San Xoán con milleiros de persoas nas rúas da cidade.