Publicador de contidos
Publicador de contidos

A Costa da Morte é unha das comarcas galegas con maior ocupación turística nesta ponte do Pilar

A Costa da Morte é unha das comarcas galegas con maior ocupación turística nesta ponte do Pilar

A maioría dos turistas e peregrinos procede de Madrid e da propia Galicia

A chuvia xa visitou Muxía na tarde do Día do Pilar
G24.gal 12/10/2023 21:47 Última actualización 12/10/2023 22:05

As temperaturas suaves, a gastronomía e a natureza son reclamos dabondo para a a alta ocupación hostaleira en setembro e outubro na Costa da Morte, unha das comarcas galegas con máis éxito no turismo nesta ponte do Pilar, aínda que as previsións meteorolóxicas incidiron de cheo nas reservas. Cando menos, na Casa de Lema, establecemento de turismo rural no interior do concello de Muxía, como nos conta Suso, un dos seus responsables.

"De momento estamos cunha ocupación do 50-60 %, igual o sábado estamos no 90 %.  A maioría é xente do Camiño de Santiago, dos Faros e estranxeiros bastantes. Veñen buscando gastronomía, tranquilidade, relax e, sobre todo, natureza".

Outro dos atractivos desta costa é aloxarse no Parador de Muxía, elixido o mellor der España en 2021, e toda unha referencia do turismo sostible. Nestes días superan de longo a ocupación media do ano, que é case do 90 %, segundo datos que nos ofrece o seu director Xulio Castro.

"Agora mesmo estamos nun 98 e medio por cento, o único día que baixa un pouco, que espero que se vendan eses nove cuartos; é o domingo desta ponte, e se se enchen eses días estaremos a máis do 99 % de ocupación".

Os estranxeiros non chegan ao dez por cento e a maior parte dos clientes procede de Madrid e Galicia. O turismo que se achega á Costa da Morte non busca praia, e a calor e a chuvia non o asustan, asegura Castro.

"A maioría son de Madrid, 35 %, de Galicia outro 30 % e de Cataluña, que non chegan ao 20 %. O tempo galego agora é moi positivo, os clientes din que é o mellor tempo de toda España".

A Costa da Morte vese beneficiada por ese 5 por cento de turistas que, din estudos recentes, escapa da calor cara ao norte da península.  

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar