As familias afrontan a costa de setembro máis cara da historia
As familias afrontan a costa de setembro máis cara da historia
Á suba de moitos alimentos, da luz e dos carburantes súmanse os gastos da volta ao colexio
Os pais gastarán unha media de 500 euros por fillo, un vinte por cento máis que o curso pasado
A cesta da compra non dá tregua e segue obrigándonos a sacar a calculadora.
O prezo dos produtos básicos que mercamos para encher a despensa continúa en ascenso, no caso do aceite de oliva xa roza os dez euros o litro.
Á volta do verán, o prezo do azucre disparouse nun 44 por cento, máis dun 20 por cento as patacas e o arroz e case o dezaoito por cento o leite e a manteiga.
Aos gastos fixos á alza este mes súmanse os gastos pola volta ás aulas.
Os pais gastarán unha media de 500 euros por fillo, un vinte por cento máis que o curso pasado.
A volta das vacacións tamén nos sairá máis cara polo prezo dos carburantes; a gasolina está en máximos, cunha suba do doce por cento durante o verán.
Tamén a luz, que acada o seu prezo máis alto desde o mes de febreiro, contribúe a que esteamos fronte á costa de setembro máis cara da historia.