Publicador de contidos
Publicador de contidos

Once millóns de españois, en situación de pobreza desde o inicio da pandemia

Once millóns de españois, en situación de pobreza desde o inicio da pandemia

Un informe de Cáritas afirma que a pandemia acentuou as desigualdades

Hai case tres millóns que son mozos de menos de 34 anos

A nacionalidade é outro factor de exclusión social

G24.gal 18/01/2022 22:08

A pandemia deixou 11 millóns de españois en situación de pobreza. O informe de Cáritas conclúe que o virus se cebou nos máis débiles e incrementou as desigualdades.

Dos once millóns en exclusión social, hai case tres que son mozos de menos de 34 anos. Durante a crise, a precariedade laboral duplicouse. En dous millóns de fogares trae cartos á casa só unha persoa, que non ten ningunha estabilidade laboral. 

Son algunhas das conclusións do informe Evolución da cohesión social e consecuencias da covid-19 en España, elaborado pola Fundación Foessa e presentado por Cáritas.

Profunda brecha de desigualdade en España

O documento alerta do "afondamento" da brecha de desigualdade na sociedade española, en que os grandes damnificados pola covid-19 foron os máis débiles, "onde non chegou o denominado escudo social".

No tocante ás xeracións, a taxa de exclusión da poboación menor de 30 anos é algo máis de tres veces superior á da poboación maior de 65 anos e a taxa de exclusión severa chega a multiplicarse por cinco entre ambos os grupos.

"Para os mozos é o segundo golpe en pouco tempo. Viviron dúas crises moi seguidas que lles restan moitas oportunidades nunha fase esencial das súas vidas", lamentou o coordinador do Equipo de Estudos de Cáritas e secretario técnico de Foessa Raúl Flores.

A nacionalidade, outro factor de exclusión social

Ademais da idade e o xénero, a nacionalidade é outro factor de exclusión social: o 50,3 % dos fogares con estranxeiros están nesta situación, case tres veces máis que os fogares españois.

Gastos reducidos nas familias

A pandemia tamén deixa pegada nos gastos habituais das familias: tres de cada dez víronse obrigadas a reducir os cartos destinados á alimentación, roupa ou calzado; multiplícanse por dous entre os fogares que sofren exclusión social.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos