A creación de emprego perde impulso na segunda metade do ano
Preocupa o desemprego de longa duración, que creceu en seis décimas, especialmente nos maiores de 50 anos
Son os datos do Observatorio Trimestral do Mercado de Traballo, realizada polo centro de estudos Fedea e o BBVA
Durante o terceiro trimestre do ano, a creación de emprego modérase e perde o impulso co que comezou o 2023.
A última análise do Observatorio Trimestral do Mercado de Traballo, realizada polo centro de estudos Fedea e o BBVA, rebela ademais que a caída da taxa de temporalidade que se produciu durante o 2022 detense no terceiro trimestre do ano.
Preocupa o desemprego de longa duración, que creceu en seis décimas, especialmente nos maiores de 50 anos. España é o terceiro país da Unión Europea con máis parados de idade avanzada.
Respecto aos salarios, iniciaron o 2023 á baixa, e no terceiro trimestre só repuntaron os pactados en convenio.