Publicador de contidos
Publicador de contidos

A cría de bois require un custo anual duns 1.500 euros

A cría de bois require un custo anual duns 1.500 euros

É unha carne en auxe, pero hai máis demanda que oferta

Os expertos din que 9 de cada 10 restaurantes venden vaca vella por boi

G24.gal 16/07/2024 14:48 Última actualización 16/07/2024 15:14

Detrás destes animais hai un longo e coidadoso proceso de cría. Cada un destes bois pasta en liberdade e conta con dúas hectáreas de terreo por animal.

"Veñen pequenos e críanse aquí. Cástranse sempre antes dun ano e están sempre en liberdade, teñen herba e silo nos comedoiros e cando toca a ceba final lévanse para a casa e dáselles millo", relata Antonio López, criador da gandeiría O Pireiro.

Cando chegan ao matadoiro, cuns 1.800 quilos de peso, levan ás súas costas un importante custo.

"Un destes bois está nun custo de 1.300 ou 1.500 euros ao ano. En dez anos estamos nuns 15.000 euros", sinala José Fernández, xerente do Grupo Gonzaba.

A súa carne é moi aprecidada e hai moita demanda en relación coa oferta real. Cómpre non caer no engano de que nos dean vaca por boi. Cambia a cor e tamén podemos fixarnos no prezo.

"A vaca é vaca e o boi e boi. A vaca é un animal máis pequeno, ten outro sabor e a carne é máis clara", relata Antonio López, criador da gandería O Pireiro.

"O que máis vendemos nos nosos restaurantes son os lombos, que están a uns 140 euros o quilo. Despois tamén lles sacamos beneficio ás chacinas, facemos hamburguesas e aproveitamos ata o rabo", sinala José Fernández, xerente do Grupo Gonzaba.

A carne de boi é o produto estrela nas mesas dos restaurantes do Grupo Gonzaba e eles crían con esmero nestas parcelas de Guntín os seus propios animais, todo un exemplo de economía circular.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade