Cargando resultados...
A CUP ratifica a súa emenda á totalidade aos Presupostos de Cataluña
A CUP ratifica a súa emenda á totalidade aos Presupostos de Cataluña
O goberno de Aragonès xa explora opcións alternativas fora do bloque independentista
G24.gal
20/11/2021 20:10
Os Presupostos de Cataluña para o ano vindeiro complícanse despois de que a CUP ratificase hoxe a súa emenda á totalidade coa independencia como un dos temas de diverxencia.
Esa emenda fora presentada o mércores e no Govern de Pere Atagonês había esperanza de que a retiraran, pero nada máis lonxe da realidade. Hoxe anunciaron que vai adiante, porque consideran insuficientes as cesións do executivo catalán en materia de vivenda, fiscalidade e proceso independentista. Aragonès mesmo lles propuxera estudar a celebración doutro referendo de independencia antes de 2025.