A débeda pública chega aos 1,5 billóns de euros, un novo máximo histórico
A débeda pública chega aos 1,5 billóns de euros, un novo máximo histórico
Só no mes de novembro incrementouse en máis de 8.000 millóns
A débeda pública non deixa de medrar. Pechou novembro nun novo máximo histórico, 1,5 billóns de euros, segundo datos do Banco de España. Iso representa o 116 % da riqueza do país. Só no mes de novembro incrementou en máis de 8.000 millóns. E se a comparamos co mesmo mes de 2021, o incremento chegou ata o 5,6 por cento.
O incremento da débeda pública en novembro débese fundamentalmente á notable escalada do endebedamento da Seguridade Social. Elevou a débeda ata os 106 mil millóns de euros, un 7 por cento máis. E superou a cota dos 100.000 millóns.
Como é habitual, a maior parte da débeda do Estado concéntrase na administración central, 1.331.597 millóns, un 0,7 % máis ca en outubro, seguida das comunidades autónomas, 316.509 millóns, un 0,1 % máis e un 1,3 % máis ca no mesmo mes de 2021.