Publicador de contidos
Publicador de contidos

A declaración da vítima, clave na investigación do tiroteo de Maceda

A declaración da vítima, clave na investigación do tiroteo de Maceda

O agredido, que aínda non puido declarar, segue grave pero estable

G24.gal 05/11/2022 14:28 Última actualización 05/11/2022 14:41

A declaración da vítima será clave para identificar o autor do triplo disparo que case lle custa a vida o mércores pasado a un veciño de Maceda. O agredido segue ingresado na unidade de reanimación do complexo hospitalario de Ourense.

Con tres disparos, para os que precisou intervención cirúrxica, a recuperación de David Rodríguez, de 32 anos, é lenta. Permanece estable, pero en reanimación, así que aínda non puido declarar. Sospéitase que coñecía o seu agresor, porque este non forzou portas nin ventás para chegar ata o piso da vítima, situado no terceiro andar.

"O importante é que a vítima se vaia recuperando, que pode achegar moito para o caso. Mentres, seguimos á espera de que se solucione isto o antes posible", asegura Rubén Quintas, alcalde e xefe de Protección Civil de Maceda.

Un desexo do que se fai eco tamén a veciñanza, que viu alterada drasticamente a tranquilidade habitual da vila. 

Non transcendeu aínda o suposto móbil pero as autoridades subliñan que se trata dun feito illado e extraordinario.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade