Publicador de contidos
Publicador de contidos

A decoración de Nadal enche de enxeño e tradición a aldea do Mato

A decoración de Nadal enche de enxeño e tradición a aldea do Mato

G24.gal 11/12/2022 15:39 Última actualización 11/12/2022 16:37

Lonxe das grandes iluminacións destas datas, hai localidades do rural que tamén dan mostras dos seus dotes na decoración do Nadal. É o caso do Mato, en Allariz.

Aquí os veciños comezaron a amosar os seus dotes artísticos durante a pandemia, e decidiron tomalo como tradición nos anos vindeiros. A característica principal desta decoración de nadal é que conta cun presuposto, digamos, reducido: cero euros en realidade, así que toca reciclar -din- e sobre todo botar man da imaxinación.

Pero ollo que todo ten o seu sentido, a decoración do Mato céntrase nas tradicións do rural galego, por iso atopamos escenas que recrean dende a matanza do porco ou a sega, ata xente sachando ou afumando os chourizos. Todo isto no centro da aldea, despois cada quen decora a maiores a fachada da súa casa para que a ambientación sexa total.

Toda unha mostra de ilusión e enxeño que tentan mellorar cada ano e que se converteu xa en toda unha tradición de Nadal para os veciños do Mato.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar