Publicador de contidos
Publicador de contidos

A ONG da farmacéutica galega Mafalda Soto traballa na defensa das persoas albinas en África

A ONG da farmacéutica galega Mafalda Soto traballa na defensa das persoas albinas en África

O albinismo é unha condición xenética rodeada de falsas crenzas

Beyond Suncare impulsou a creación do primeiro fotoprotector deseñado para este tipo del pel

G24.gal 20/06/2024 21:49

A farmacéutica galega Mafalda Soto é cofundadora dunha ONG que traballa a prol da integración das persoas albinas na África subsahariana, un colectivo discriminado pola cor da súa pel e perseguido por falsas crenzas.

"Hai tres días houbo un asasinato en Tanzania dunha nena de dous anos porque se cre que se tes partes do corpo ou ósos ou fas un amuleto con eles vas ter sorte. En Tanzania avanzouse moito en dereitos, pero temos casos como a semana pasada este asasinato", explica a directora da ONG Beyond Suncare.  

O albinismo como condición xenética que extrema a sensibilidade ao sol multiplica a probabilidade de sufrir queimaduras. Á ONG de Mafalda débese a creación do que foi o primeiro fotoprotector deseñado para persoas albinas. Mais o seu traballo vai máis aló da prevención do cancro de pel.

"Nós traballamos sobre todo en promoción da inclusión social e prevención do cancro de pel formando persoal sanitario, reforzando a atención primaria en saúde dermatolóxica e tamén facemos moita sensibilización comunitaria a través de teatros populares, actuacións en radio dirixidas á poboación en xeral precisamente para acabar coas supersticións, porque se non nunca acabará a discriminación", engade Mafalda.

República Democrática do Congo, Uganda, Ruanda e Malawi son algúns dos países onde desenvolven os seus proxectos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade