Os refuxiados de Monterroso agradecen a acollida: "Queremos quedarnos aquí e traballar"
Os refuxiados de Monterroso agradecen a acollida: "Queremos quedarnos aquí e traballar"
O venres chegaron 20 migrantes máis que se suman aos 100 que xa estaban na localidade desde un día antes
Proceden de Malí, Guinea e Mauritania e residen no Hotel Río Ulla
A media tarde deste venres chegaban a Monterroso 20 migrantes. A maioría proceden de Malí. Súmanse ao grupo de cen refuxiados instalados na vila nos últimos días.
Veñen da man dunha ONG e vivirán en Monterroso durante uns meses, mentres aprenden o idioma e asisten a obradoiros para facilitarlles a súa integración. A acollida no municipio foi boa, e, segundo nos contaron, tamén foron boas as súas sensacións ao chegar.
Despois dunha longa viaxe desde Mérida o único que reclamaban as persoas que chegaban era unha cama para descansar e comida. Eran os 100 que chegaron o xoves e o venres o grupo de 20 facíao desde un centro de Madrid.
Expresaron o seu desexo de aprender axiña o idioma. "Quero falar español igual que francés", dicía un deles. Estaban ademais felices e agradecidos pola boa acollida, din, que tiveron dos veciños de Monterroso, un concello duns 3.300 habitantes, xa que mesmo algúns se achegaron ao seu lugar de residencia para darlles a benvida.
A intención dos migrantes é prepararse, formarse e poder traballar na localidade.