A defensa dos logros das mulleres na Ciencia e a Tecnoloxía, imprescindible para garantir a súa presenza nas profesións do futuro
A defensa dos logros das mulleres na Ciencia e a Tecnoloxía, imprescindible para garantir a súa presenza nas profesións do futuro
A defensa dos logros das mulleres na Ciencia e a Tecnoloxía, imprescindible para garantir a súa presenza nas profesións do futuro
A brecha salarial entre homes e mulleres segue rozando o 20 %, uns 5.000 euros anuais de diferenza
A supervivencia dos estereotipos de xénero, a división desigual das tarefas domésticas ou a orientación profesional diferenciada dificultan a igualdade
No curso 88-89 a porcentaxe de mulleres matriculadas en Matemáticas superaba o 50 %, cando practicamente a única saída laboral que había era o ensino. Agora que hai moitas máis saídas e mellor remuneradas -en programación software, bigdata e ámbitos industriais-, a matriculación das mulleres en Matemáticas caeu ata o 36 %. Son datos a nivel estatal, pero é un aviso do que pode pasar tamén aquí se non se coidan eses logros, advirte a decana de Matemáticas da USC.
Elena Vázquez argumenta que a síndrome da impostora é máis frecuente nelas cando a profesión adquire prestixio. E tamén nos explica por que hai menos catedráticas.
"Eu sempre saco tempo para facer todos os informes e learme nunha morea de proxectos, e a miña aplicación para a solicitar a cátedra está pendente de cubrir".
"A nosa meritocracia propia abandonámola un pouco a prol do colectivo"
Pero as mulleres que destacan en Ciencia e Tecnoloxía achegan ademais outra reflexión: existen unha serie de condicionantes moi presentes na mente da muller que fan que renuncie á visibilidade.
"Educáronnos para pensar que a ambición non é boa en mulleres pero é moi desexable en homes.
María José Alonso, premio Juan de la Cierva e membro da Academia Médica de Estados Unidos, dedica a súa vida a investigar como curar o cancro, a sida, tamén unha vacina contra a covid.
No seu laboratorio hai hoxe maioría de mulleres, pero lamenta que ás veces non se postulan a premios ou para liderar equipos, porque destacar, penaliza.
"Hai comentarios, xestos e todas esas mensaxes que ás veces ata chegan da túa propia familia fan que a muller non queira expoñerse", explica esta científica de renome internacional. A visibilidade aumenta a medida que o fai a autoconfianza.