Publicador de contidos
Publicador de contidos

A demanda de idiomas nas ofertas de emprego caeu á metade en 2020

A demanda de idiomas nas ofertas de emprego caeu á metade en 2020

Reduciuse máis da metade: dun 33,99 % que os esixían en 2019 pasaron ao 12,62 % o ano pasado

G24.gal 02/02/2022 21:07

Un informe elaborado por Adecco e Infoempleo conclúe que a demanda de idiomas nas ofertas de traballo reduciuse máis da metade en 2020, dun 33,99 % que esixían ese requisito en 2019 pasaron ao 12,62 %, a cifra máis baixa da última década.

As causas están relacionadas ca pandemia, entrotros factores, como apunta Ignacio Gondelle, responsable do traballador en Adecco Group.

"Seguramente no sector turístico que se vi moi afectado na pandemia e reclamaba moito inglésfalante e por outra parte, ao mellorar a empregabilidade as emresas rebaixaron os seus criterios de selección".

Porén, isto non é así nas empresas de ámbito internacional e nas do sector multimedia onde mesmo subiu a demanda dos idiomas nos currículos, predominando o inglés como conta que sucede cas suas prácticas de empresa a coordinadora de FCT, formación no centro de traballo, do IES Pontepedriña de Santiago. María Peón.

"As empresas, mesmo para facer as prácticas, que ñe requisito imprescindibles para titular, esíxennos que teñan dominio dun idioma, polo menos, inglés".

O inglés segue sendo o máis demandado seguido a moita distancia, do francés e do alemán. Para o director da academia A casa das linguas, Christian Miller, as novas xeracións van necesitar o inglés a un nivel moi alto para ser competitivos no mercado laboral.

 "Nivel practicamente nativo. Iso é o que necesitamos se queremos traballar no estranxeiro, ter unha entrevista. Non saber inglés para estas novas xeracións é simplemente estar fóra de xogo".

Por áreas profesionais, administración e secretariado, atención ao cliente e mercadotecnia, comunicación e contidos son os que máis aumentaron as súas esixencias idiomáticas.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade