Publicador de contidos
Publicador de contidos

A demora no arranxo do viaduto da A-6 que se derrubou poñería en perigo 3.000 empregos

A demora no arranxo do viaduto da A-6 que se derrubou poñería en perigo 3.000 empregos

Está en xaque a circulación de transportes especiais no acceso principal a Galicia

Os empresarios temen que sectores como o éolico queden paralizados

G24.gal 12/06/2022 12:46

O que pode tardar en arranxarse é o viaduto da A-6 que se derrubou a semana pasada.  A caída do treito durou só uns segundos, pero as súas consecuencias poderían sentirse dunrante un longo período de tempo.

A interrupción da circulación pola autovía nun dos accesos principais a Galicia pode supoñer unha serie de inconvenientes para algunhas das industrias máis potentes da comunidade. Esa demora podería facer perigar preto de 3.000 empregos, segundo os cálculos do Cluster da Función Loxística de Galicia.

A entidade urxe a dar solucións para os transportes especiais e alerta da importancia deste corte porque a A-6 é unha das conexións principais de Galicia con España e con Europa.

Esta autovía asume unha terceira parte do transporte por estrada de longo percorrido, con case un millón de vehículos pesados ao ano. O cluster que agrupa empresas de transporte, produtores e peiraos alerta dos riscos que implica a demora na reparación para o sector loxístico galego.

O Goberno continúa sen respostas sobre o que puido pasar. Desde a madrugada do mércores, os dous sentidos da A-6 permanecen cortados entre os puntos quilométricos 432 e 422. O sentido A Coruña xa levaba cortado case un ano por obras, pero a caída do viaduto obrigou a pechar tamén a ponte que soporta os carrís en sentido a Madrid para comprobar que non existen danos estruturais.

O corte é indefinido, non se sabe canto pode durar. A interrupción obriga os condutores a realizar un desvío pola N-VI, pola que teñen que circular durante uns catro quilómetros a baixa velocidade.

Ademais os transportes especiais teñen prohibido polo seu tamaño utilizar este desvío. Para sorpresa dos empresarios do sector non se lles propuxo ningunha ruta alternativa.


 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade