A DINA asolaga rúas e estradas en Alacant con novos rescates
A DINA asolaga rúas e estradas en Alacant con novos rescates
A chuvia asolagou pasos soterrados e os veciños reviviron momentos de angustia cando un coche tentou atravesar un deses pasos en Altea e quedou á deriva
As alertas están en continua revisión e as autoridades seguen pedindo moita precaución. Onte volveron activarse en Valencia, en alerta vermella polo risco de intensa choiva. A gota fría afectou sobre todo ás comarcas do norte de Alacante. Deixou rúas asolagadas en Altea e Benidorm. E volvemos ver rescates de veciños que querían salvar o coche.
A DINA volveu golpear a Comunidade Valenciana o domingo. Desta volta con forza no norte da provincia de Alacante. Unha treboada encheu de auga rúas e estradas en municipios como Benidorm e Altea.
Volvemos ver rescates de veciños que querían salvar o coche. A chuvia asolagou pasos soterrados e os veciños reviviron momentos de angustia cando un coche tentou atravesar un deses pasos en Altea e quedou á deriva. O condutor acababa de saltar de xeito imprudente o sinal que prohibía o paso e tivo que ser rescatado pola Policía Local.
Tamén en Valencia, nas zonas máis afectadas pola DINA, volveu a alerta vermella o domingo.
A Generalitat avisou a poboación por megafonía e nos teléfonos móbiles. Pedían parar de limpar e que os cidadáns se refuxiaran nos pisos superiores dos edificios.
Finalmente caeu menos choiva da prevista e os traballos de limpeza continuaron durante boa parte da xornada.