A dirección do PSdeG avala os cambios no Goberno local da Coruña tras a marcha do concelleiro de Urbanismo

A oposición di que o grupo está en descomposición e acusa a alcaldesa de falta de liderado
A nova dirección do PSdeG liderada por Valentín González Formoso avala os cambios no Goberno da cidade da Coruña.
A marcha do concelleiro de Urbanismo fai recompoñer, por terceira vez neste mandato, o Goberno local. A anterior responsable de Emprego está tamén, a día de hoxe, sen competencias.
Juan Díaz Villoslada di que a falta de confianza que viña apreciando no seu traballo por parte do grupo de goberno viuse agravado ao non contar con el na renovación da executiva local.
O Partido Popular fala dun "Goberno en descomposición" liderado por unha alcaldesa en "situación de debilidade".
Inés Rey nega que exista inestabilidade no seu Goberno e di que a actividade na cidade non se vai paralizar.
Todo apunta a que será o seguinte na candidatura, Francisco Díaz Gallego, o que asuma as competencias.