Publicador de contidos
Publicador de contidos

Augas de Galicia prevé manter o nivel de prealerta por seca en setembro

Augas de Galicia prevé manter o nivel de prealerta por seca en setembro

A directora da entidade pública asegura que as precipitacións caídas polas treboadas "non son significativas" 

G24.gal 09/09/2023 09:11 Última actualización 09/09/2023 12:21

A directora de Augas de Galicia, Teresa Gutiérrez, prevé que a Oficina Técnica da Seca, que se reúne a vindeira semana, manteña os niveis de prelaerta e alerta existentes ata o de agora malia as chuvias caídas. 

Nestes momentos está activada a prealerta nos sistemas do río Lérez -da ría de Pontevedra-; do río Grande -da ría de Camariñas- do río Mero, de Arteixo e da ría da Coruña e hai medidas equivalentes no subsistema de Baiona e seca prolongada no norte dende o río Mero ata a ría de Ribadeo.

Esta mañá, nunha entrevista no Galicia por diante fin de semana da Radio Galega, Gutiérrez aseguraba que as chuvias treboentas non son significativas á hora de paliar os problemas de escaseza. Insiste en que é preciso que as precipitacións sexan sostibles no tempo. 

"Non é significativo. O que é significativo é o que ocorra de forma sostida. Polo tanto, moi probablemente imos seguir o que queda de ano hidrolóxico -que é o mes de setembro- con esta mesma situación. Tanto a escaseza nestes sistemas coma a seca prolongada no norte da demarcación".

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade