Publicador de contidos
Publicador de contidos

A DXT reforzará os controis sobre os condutores maiores

A DXT reforzará os controis sobre os condutores maiores

Os maiores de 70 terán que renovar o permiso cada dous anos

O 30 % dos falecidos en accidentes de tráfico en Europa teñen máis de 65 anos

 

G24.gal 08/05/2023 14:51 Última actualización 08/05/2023 15:09

A falta de que a investigación determine que foi o que sucedeu exactamente no atropelo de Vilanova, todo apunta a un erro humano, o dunha condutora octoxenaria que perdeu o control dun coche automático. 

"Nestes coches é fácil enganarse. A panca de cambio vai para adiante ou para atrás. Quizais esta persoa maior entrou en pánico, confundiuse, acelerou e levou todo o que tiña diante", comenta Maximino Pérez, profesor de autoescola.

Malia que ese tipo de noticias reabren a polémica, cómpre recordar que non hai idade máxima para conducir. Todo depende das capacidades e aptitudes que se demostren no exame psicotécnico.

"O importante é o estado psicofísico do condutor, podes ter 80 e conducir perfectamente e outras persoas con 60 que non deberían conducir", engade Maximino.

Os expertos coinciden en non estigmatizar nin xeneralizar coa condución dos maiores, pero si en reforzar os controis. De feito, a DXT xa anunciou que vai reducir a vixencia dos carnés dos maiores de 70, que terán que renovar cada 2 anos e non 5 como ata o de agora. 

"Hai un envellecemento importante da poboación polo que intentan reducir a accidentabilidade e mellorar a seguridade viaria", di Ana Sancho, médica nun psicotécnico.

O 30 % dos falecidos en accidentes de tráfico en Europa teñen máis de 65 anos. En España repítese o dato. Porén, este colectivo adoita asumir menos riscos e incorrer en menos infraccións que os condutores mozos.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade