A Coruña entra en emerxencia sanitaria e o mércores terá unha nova recollida de lixo
A Coruña entra en emerxencia sanitaria e o mércores terá unha nova recollida de lixo
O prazo para presentar as ofertas remata o 24 de xullo ás 10:00 horas e os requisitos son que dispoñan de 13 vehículos e 32 operarios
O Concello dera un ultimato de 72 horas antes de declarar a emerxencia
A alcaldesa da Coruña Inés Rey anunciou que acaba de asinar un decreto que declara a emerxencia sanitaria na cidade que entrará en vigor ás 15:41 horas deste luns e permite proceder á contratación de persoal para garantir a saúde pública e a salubridade perante o incumprimento do contrato de recollida de lixo.
A rexedora explicou que a nova empresa comezará a traballar "da maneira máis inmediata posible", en canto se presenten as ofertas e se faga a contratación, e farao cunha "duración indeterminada, ata que termine a emerxencia sanitaria" e a cidade volva á normalidade.
O prazo para presentar as ofertas, engadiu, acaba o 24 de xullo ás 10:00 horas e os requisitos son que dispoñan de 13 vehículos e 32 operarios.
Esta situación débese a unha folga iniciada o pasado 24 de xuño, promovida pola organización sindical maioritaria no comité, o Sindicato de Traballadores de Limpeza (STL), con motivo de "despedimentos inxustificados", "externalización de servizos" e "incumprimentos" do convenio.